NOITE FOLK

A Noite Folk chega este ano a decimoterceira edición, o sábado 22 de agosto no Refuxio dos Pescadores de Covas vaise levar a cabo unha celebración que ten a firme intención de manter viva a tradición musical da nosa comunidade con actuacións de primeiro nivel, que atraian ó noso Concello ós amantes da música tradicional.O obxectivo é poder disfrutar dunha xornada á beira do río, con música, bailes populares e tradicionais.

Este ano un dos grupos referentes da musica tradicional no Val de Barcala "Limagoia", cumpre 25 anos, e vaino a celebrar cunha gran festa arroupadas por amigos e colaboradores.


O cartel no pode ser máis interesante.....


XOSÉ MANUEL BUDIÑO:


BUDIÑO é un artista atípico, un compositor que desperta admiración entre os seus, un creador fascinante que enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente cos sons máis contemporáneos, un músico co seu “sotaque”

Ten publicado ata o de agora seis traballos discográficos, PARALAIA, ARREDOR, ZUME DE TERRA, HOME, VOLTA máis este último que fai o número seis, SOTAQUE. As súas creacións, os seus espectáculos en directo, son recoñecidos mundialmente pola crítica especializada e afianzados con premios de prestixio entre a profesión. BUDIÑO ten levado as súas composicións por todo o planeta, enchendo teatros de público ávido de gozar coas súas actuacións. Cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Tanger, Frankfurt, Milán, Glasgow, Bos Aires, Bogotá o México D.F. poden dar boa conta diso. 

Os seus inicios foron na Escola de Gaitas Semente Nova de Moaña e na Universidade Popular de Vigo. Máis tarde descobre o Laboratorio de Creatividade Musical de Jazz en Vigo, ao mesmo tempo que a súa paixón pola composición. Despois de traballar no eido da música tradicional galega durante anos, explora outras canles artísticas tocando a cotío con músicos de jazz, de clásica, de pop ou de flamenco e compartindo cartel e escenario con artistas como Van Morrison, Jerry González, Jorge Pardo, Capercaillie  ou  a Orquestra Sinfónica de Lorient entre outros. 



LEILÍA:

Leilía nace no ano 89, da man de seis mulleres, que coa aposta pioneira e atrevida, propuseronse recuperar a tradición oral galega. Ó son das pandeiretas, pronto chegaron os froitos, grazas á singularidade e beleza da música “de raíz”.
A mediados dos 90 presentaron “Leilía” (Dismedic) composto exclusivamente por pezas tradicionais. Con esta publicación obtiveron un importante recoñecemento da crítica e público, que descubre un modo de expresión oral, ata ese momento descoñecido na nosa sociedade.
Máis tarde incorporaron instrumentos e polifonías non tradicionais. Así nace “I é verdade, i é mentira” (Virgin Records) (1998) baixo a produción musical de Nando Casal e Antón Seoane, membros de Milladoiro.

No ano 2003, publicamos “Madama” (Discmedi) no que seguindo a estela do traballo anterior, incorporaron un novo elemento: letras de temática actual.
No ano 2005, coincidindo con seu 15º aniversario, publicaron “Son de Leilía” (Leilear), un percorrido pola historia do grupo, no que se reflexan as raíces tradicionais, asó como as pezas máis evolucionadas, pasando polas diferentes colaboracións que fixeran o longo deses 15 anos. Así a mestura da lugar a un traballo no que o pasado convive coa actualidade e no que teñen cabida os temas que grabaron con artistas como Milladoiro, Budiño, Bleizi Ruz, e outros, xunto a temas inéditos como a pieza central da banda sonora da película Fisterra.
A portas do 2012 sae á luz CONSENTIMENTO, un traballo onde destacan as melodías tradicionais recopiladas por Leilía misturadas coas letras creadas por importantes escritoras e con arranxos feitos por Xoan Porto. Un disco, que sen deixar de soar a Leilía, ten corpo e gusto propio.




LIMAGOIA:

A formación inicial deste grupo de pandereteiras tiña o nome de "Buxaina" e estaba formado por: Omaira Lista, Dolores Campos, Sonia Forjan, Carolina Fernández, Sonia Nieto, Elsa Grille, Inmaculada Temes, Paula Liñares, Silvia Fadeville e Soledad Zarco.


Uns anos máis tarde coa marcha dalgunha compoñente, o grupo pasou a chamarse "LIMAGOIA", por último Inés Ruso tamén se incorporou a este grupo que despois de moitos anos xuntas en concertos e celebracións, chegan  este ano o 25 aniversario defendendo a música tradicional galega, sempre baixo a batuta protectora de Felisa Segade, unha histórica integrante do grupo Leilía. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario