NICRAROCK

 O Nicrarock é un dos Festivais máis antigos da comarca, sendo un referente da música rock, por este foro pasaron grupos da talla de  Los Enemigos, Amaral, Medomedá, Rif-Raf, etc...


Nesta velada musical teñen cabida todos os estilos musicais, Pop, Metal, Rap.... aínda que o maior protagonismo é para o Rock. Ademáis dos grupos de caché, tamén actúan grupos que sigan duas señas de identidade: que sexan grupos da comarca e que as letras das súas cancións sexan en Galego.

Para esta edición 2015 os grupos participantes son:

BOCINAZO:

Este grupo local, que según eles fan "Rural Rock", xa leva varios anos facendo concertos por toda Galicia, amosando o seu bo facer encima dos escearios. Con unha música gamberra e pegadiza, tratan de pasalo ben nos seus directos e trasladar o seu espestáculo os seu fieis seguidores.

-ESCOITAOS PINCHANDO AQUÍ:






BIRIBIRLOCKE:


Somos Biriribirlocke, cada día uns poucos máis. Empezamos nisto do rock and roll en 2010 e desde entón non paramos un minuto, fervendo notas desde Bugallido, corzos oriúndos do concello de Ames. Somos Héctor (batería e coros), Pajón (guitarra), Torroncho (baixo e coros), Martín (saxo), Roberto (trompeta), Amaro (saxo), Roque (trombón) e Benja (voz). Debutamos en directo na Festa da Mocidade do Milladoiro (Ames) e despois diso pasamos polos escenarios da Sala Moon (Santiago), Sonar (Santiago), Sala Capitol (Santiago), Sala La Reserva (Carballo), Xancarajazz (Vigo) ou o Pub Gatos (Melide), entre outros. Participamos ademais nos festivais Centolo Deluxe, Quantum Music Festival e Landra Fest. Tivemos o pracer de compartir táboas con grandes da terra como “Medomedá”, “Bolboreta”, Xavier Díaz, Josito Porto ou “Ruxe Ruxe”. No verán de 2014 gañamos o concurso do Revenidas e este mesmo ano en setembro sacamos o noso primeiro CD, gravado en Pousada Son Estudios (Ames), despois de gravar algún tema en A Casa Do Rock (Teo) e unha pequena maqueta nos estudios de Xavi. Considerámonos unha banda cun directo caralludo, disfrutamos e damos todo no escenario, e esa enerxía que transmitimos xunto co tipo de musica que facemos, non deixa quieto a ninguén. O noso é facer festa, combinando cordas e ventos nun rock and roll galego.....

- ESCOITAOS PINCHANDO AQUÍ.



RUXE-RUXE:


A banda formouse en 1996 e o primeiro disco data de 1999, e cedo demais para a explosión de Internet, Ruxe-Ruxe naceron no ronsel dos Diplomáticos de Monte-Alto e tamén miraron cara a "The Clash e The Pogues". "Se ser bravú é cantar en galego e ser de aldea e falar das cousas da aldea", explícase o cantante, guitarra e compositor Vituco Neira, "somos bravú. Para nós non é negativo". 
Mais a historia de Ruxe-Ruxe arrinca na maneira punk de facer as cousas. E contra 1996 nunha aldea do extrarradio compostelán, Aríns. "O punk foi a grande escusa", di, "decatarse de que non é preciso saber tocar para facer unha banda". E engade: "As grandes cancións do rock&roll só necesitan máis de dous ou tres acordes, unha linguaxe doada". Para o máis semellante a unha orquestra neobravú que opera a día de hoxe en Galicia, amais de "espírito punk", precisou de catro amigos de instituto, os catro que aínda seguen a pé de palco: Xaco Barona, Xan Rico, Jimmy e o propio Neira.
"No grupo hai unha gaita porque entre os amigotes que fixemos o grupo había un gaiteiro, Xaco", lembra Neira. Nunha aparición na Serra de Outes o mesmo ano da fundación e coa Ruxe ruxe maketa, rexistrada por Piti Sanz, comezou a historia "dun grupo de xente que estaba facendo a vida; logo vén o traballo, as mozas e os mozos, os fillos, e todo cambia". Seis ou sete músicos foron, a dicir de Neira, vítimas desas circunstancias nunha formación que non atinxiu a profesionalidade. "Pero isto dá moitas satisfaccións", e esmiúza, divertido: "O ano pasado convidáronos tocar ás Azores, unha semana a gastos pagos".
O seu último traballo data do 2014 é chamase "Némesis", 22 cancións afogadas e tristes nunha noite chuviosa, 22 refachos de odio e xustiza, de deusa doente e anoxada, 22 contos tan reais, absurdos e cotidianos que parecen mentiras......
Ruxe-Ruxe son o cabeza de cartel desta edición do nicra, e esperamos que o deixen todo sobre o escenario.

- ESCOITAOS PINCHANDO AQUÍ.


FESTICULTORES TROUPE:




Os máis experimentados cultivadores de festas de Galicia volven á carga coa súa mellor colleita de música, humor, baile e desinhibición. A festicultura percorre as rúas e palcos de Galicia liberando un tsunami de endorfinas que converte cada verbena pola que pasan na maior pista de baile do mundo. Unha espectacular mestura de humor, performance e música festeira que non deixa indiferente a ninguén.

Festicultores Troupe naceu como unha banda de animación de rúa. O triángulo máxico do Entroido foi o seu berce e a música balcánica, a súa fonte de inspiración. Percorren Galicia sobre o seu mítico carro amplificado remolcado por un motocultor, revolucionando o panorama das charangas coa súa fusión de música cigana dos balcáns, reggae, ska, pasodobre, música electrónica, cumbia, rumba… e o que se poña a tiro.....
Pero os Festicultores tamén saben encher un escenario de atmosferas ciganas e festeiras para que o público non deixe de bailar durante máis de 90 minutos. Demostrárono de sobra nas máis de 300 actuacións que levan ás súas costas, percorrendo paises coma Cuba, Serbia, Polonia, Francia ou Portugal e compartindo escenarnio con artistas como Manu Chao, Emir Kusturica & The no Smoking Orchestra, Fanfare Ciocarlia ou Gogol Bordello, entre outros moitos.

Membros de Festicultores:
Gustavo Agasi “O pellizcos”
Anxelo de Xermar “Torturillas”
Xiñor Tonichi “O Tortas”
Nico “O Cachelitos”
Iago “Mordisquitos”
Emilio Oro “O Mamador Líder”


- ESCOITAOS PINCHANDO AQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario